domingo, 15 de enero de 2017

Tras o parón do nadal...volvo

Tras un gran parón durante as vacións de nadal retomo o blog para informar de que a ausencia débese ao traballo grupal amplificado e ao vídeo educativo que plantexamos os ultimos días. Aquí está o resultado de ambos.

O proxecto amplificado coas TIC é Emociones y Flores, deixovos aquí a dirección do blog para que poidades velo, unha idea onde os peques realizarían pequenos historias relacionadas ca apredizaxe emocional en soportes dixitais simples como Toontastic! O nome do proxecto, Emociones y Flores, é un símil entre a extensa comunidade virtual e un campo verde que está por xerminar. O crecemento emociona que aportarán os vídeos será o abono para a terra yerma que conseguirá que medren flores nela. Nas nosas mans está seguir regando e coidando o noso campo emocional para que medren máis e máis. Os vídeos estarían subidos a YouTube na canle de Emociones y Flores. A parte máis teórica e toda a información adicional to proxecto estaría no blog antes citado e ademais, contamos cun perfil en twitter que podedes visitar aquí. 

O segundo proxecto foi un vídeo educativo, no noso caso foi El gran miedo de Peter, unha historia de superación na aula onde un alumno non é capaz de subir unha espaldera. Grazas ao apoio dos seus compañeiros e profesora, Peter logra superar o seu medo e subir a espaldera na proba de evaluación de Educación Física.
Aquí vos deixo o vídeo: