martes, 25 de octubre de 2016

Toontastic! Narración dixital?

Seguramente en numerosas ocasións quixemos explicar dunha forma máis dinámica unha unidade didáctica, ou quixemos que os nosos alumnos creasen historias ou traballos dunha forma diferente. Pois ben, estes últimos días descubrimos Toontastic!, unha aplicación de narración dixital moi interesante. 
Claramente, antes de usar a aplicación teremos un traballo previo de chuvia de ideas que nos axude a plantexar a historia, a distribución, os ambientes... Non todo é coller a tablet e grabar!
O seu uso é moi doado, dentro dun esquema de historia que axuda aos nenos a estruturar as narracións imos editando as escenas, escollendo escenarios e personaxes, movendo aos mesmos, grabando voces... Se queremos, tamén contamos con plantillas para debuxar nós mesmos aos protagonistas ou incluso unidades temáticas de personaxes como Halloween, nadal... 
Toontastic, ademais de axudar aos nenos a estruturar narracións ou historias permite engadir a cada escea música asociada a sentimentos concretos que tamén varía segundo a intensidade dos mesmos. Así os nenos poden escoller música dunha felicidade moi grande, de preocupación, de enfado... Abordaremos tamén educación emocional. 
A aplicación tamén inclúe efectos especiais que quizais non poderiamos acadar coas nosas voces humanas. Déixovos aquí a práctica grupal que fixemos coa aplicación, a nosa historia chámase a Princesa Paula.


jueves, 20 de octubre de 2016

Mapa mental da miña experiencia en Twitter con Popplet.


Deixovos aquí un mapa mental da miña experiencia en Twitter feito con Popplet, unha aplicación bastante dinámica e visual.
Paréceme moi interesante o uso de aplicacións deste tipo, citemos aquí outras como Mindomo, para organizar de forma esquemática e visual as nosas ideas sobre un tema tanto nos como docentes coma os nosos alumnos. Podemos engadir fotos, videos... cabe destacar tamén a importancia dos códigos de color, que nos permiten ler e entender moito máis fácil todas as ideas e as relacións entre ambas.

Futuros docentes concienciados

Hoxe apetéceme compartir un artículo que amosa unha docena de exemplos do uso sexista da linguaxe dentro da propia RAE. Paréceme relevante destacar o feito de que, sendo nos o proxecto de futuros docentes, debemos usar a linguaxe de forma neutra, sen caer en machismos que pasan desapercibidos na nosa sociedade.

Imos ser persoas que inflúan moitísimo no comportamento e forma de pensar dos nosos alumnos, rapaces que están formando a súa identidade. Debemos pensar moi ben o que dicimos e como o dicimos e incucarlles desde moi novos a idea da igualdade de xénero.

Un posible debate podería ser a incorporación da linguaxe inclusiva nas aulas, que opinades?

domingo, 16 de octubre de 2016

Aulas máis dinámicas con ChatterKid e Tellagami

Buscas educar dunha forma máis dinámica aos rapaces? Neste post vemos dúas aplicacións moi interesantes: Tellagami e ChatterKid.
Coa primeira delas, Tellagami, podemos crear un avatar e personalizalo ao noso gusto, así como o fondo no que aparece. Ademais, a nosa creación pode ter a voz que nos queiramos con só grabar un audio. Sobra dicir que para os nenos será entretido crear unha personaxe, facer un traballo animado ou contar unha historia.
A miña practica con Tellagami

Con ChatterKid podemos porlle voz a calquera foto. É unha aplicación moi válida para facer unha presentación de cada neno, unha presentación propia, para contar historias...
Práctica con ChatterKid

Poñede a vosa mente a pensar para máis usos destas aplicacións e compartídeas co resto!
Vémonos!

jueves, 6 de octubre de 2016

Quen son?

Tras unha primeira entrada onde tomades contacto coa miña PLE (o meu entorno persoal de aprendizaxe que inclúe todas as ferramentas e servizos que usarei para lograr as miñas metas dentro da aprendizaxe) grazas a todos os enlaces a sitios web que permite almacenar Symbaloo, aquí estou para presentarme.
Chámome Sonia Alonso e son unha rapaza de primeiro do grao de Educación Infantil. Este blog, Nenos Tecnolóxicos, é un dos primeiros pasiños que darei como docente para aplicar as TIC á hora de educar. Aquí compartirei reflexións sobre temario de aula, sobre aplicacións que descubra e considere interesantes ou sobre calquer tema relacionado coa aplicación das TIC nas aulas.
Vémonos moi pronto e esperemos que cada vez que o fagamos o meu consumo das TIC evolucione máis cara á docencia e non cara un consumo vacío!

lunes, 3 de octubre de 2016

Ferramentas PLE en Symbaloo


Aquí vos deixo o meu webmix de aplicacións máis útiles no meu entorno virtual e outros que fun creando conforme avanzaban as clases en Symbaloo.