lunes, 19 de diciembre de 2016

Magisto y Thinglink

Seguimos descubrindo webs e aplicacións útiles, esta vez Magisto e Thinglink. Comezamos por Magisto, un editor de vídeo automático que permite crear videos sen coñecementos de edición dixital, é gratuíto e funciona en ordenador e dispositivos móbiles tanto iOs como Android. Como funciona? Só tes que crear unha conta, subir diferentes fotos ou vídeos, escoller un estilo e unha música e obterás un vídeo editado e de boa calidade en só uns segundos. Útil sobre todo despois dunha excursión ou dun evento, para recolectar todas as fotos e minivideos nun só.


















Continuamos con Thinglink, unha plataforma gratuíta que permite darlles vida a imaxes engadíndolles enlaces, vídeos, música...moi útil como recurso educativo. En Thinglink poderás subir unha foto e clicar nela nos puntos que desexes para engadirlle o contido que ti teñas preparado. Na imaxe aparecerán en forma de etiqueta e poderás compartila en calquer rede social ou web que teñas. Animádevos a probala coma min!






















Eu xa probei Thinglink, aquí vos deixo a imaxe interactiva:



viernes, 16 de diciembre de 2016

Códigos QR en Unitag



Seguimos coa realidade aumentada, esta vez cos códigos QR que podedes facer e que vos levarán ao voso blog ou páxina web. 
Que é un código QR? É un código bidimensional cadrado que pode almacenar datos codificados, nós usarémolo como enlace a unha URL. 
Como funcionan estos códigos QR? Cos teléfonos intelixentes escaneamos o código e accedemos directamente ao seu contido, por exempo abrir o navegador para a URL específica.

Con Unitag podemos crear un código QR no que almacenar os datos da nosa web de forma fácil e gratuíta, personalizalo na forma, cores e logos... Na esquina esquerda podedes ver o código deste mesmo blog, que funciona como hipervínculo e vos levará a Unitag para probar a experiencia coa vosa URL.


martes, 13 de diciembre de 2016

Blog grupal para o proxecto final de Novas Tecnoloxías.

Proyecto grupal: Emociones y Flores: Presentación.: Componentes del grupo:       Tamara Alfaya, Paula Collazo, Carla Cabaleiro y Sonia Alonso, alumnas del primer curso de    Educación Inf...

O noso proxecto só avanza, por fin temos blog grupal!! O proxecto final vai tomando forma e pronto estará subido ao noso blog. Non perdades ollo de twitter!



sábado, 3 de diciembre de 2016

A tecnoloxía e todos os seus: e se...? en Black Mirror.

Pois sí, hoxe vou falar de Black Mirror, unha serie británica que conta actualmente con catro temporadas. É unha serie diferente a todo o que puideras ter visto ata agora onde, en cada capítulo, se conta unha historia ambientada en diferentes mundos distópicos, paralelos ou futuros, con diferentes personaxes e tramas. Entón, que teñen en común? A tecnoloxía. Unha tecnoloxía que evoluciona e aparece como causante dos dramas do episodio. Black Mirror é unha crítica, non demasiado dura, que nos fai reflexionar sobre o que podería pasar nun breve período de tempo co avance das tecnoloxías.

Chegados a este instante seguramente te preguntes o porqué do nome. Por que Black Mirror? O título da serie fai referencia ás pantallas de todos os aparatos electrónicos (móbiles, tablets, televisións, ordenadores...) que poden ser unha porta a cantidade de información e diversión pero que tamén actúan como artefactos que nos aislan do mundo.


Se aínda non vos pica a curiosidade vouvos relatar a trama dun dos pilotos de serie máis impactantes que vin ata agora. O primeiro capítulo, O imno nacional, sitúanos nun mundo distópico ou paralelo onde unha princesa moi querida, comparable a Lady Di, é secuestrada por un home que pide como rescate que o presidente da nación se grabe en directo practicando sexo cunha porquiña e se emita por tódalas canles posibles. 
O vídeo do secuestro e do rescate rula grazas ás redes sociais acadando nunhas poucas horas millóns de visitas. Todos son conscientes do que está pasando e todos queren saber se realmente o presidente será capaz de facer o que lle piden. Desde o minuto un pasas a ser unha desas persoas que se debaten entre ver a emisión ou non. 
Quizáis sexa este capítulo o máis perturbador da serie pero non o máis crítico. Todos merecen moito a pena. Animádevos a velos e reflexionar.