sábado, 3 de diciembre de 2016

A tecnoloxía e todos os seus: e se...? en Black Mirror.

Pois sí, hoxe vou falar de Black Mirror, unha serie británica que conta actualmente con catro temporadas. É unha serie diferente a todo o que puideras ter visto ata agora onde, en cada capítulo, se conta unha historia ambientada en diferentes mundos distópicos, paralelos ou futuros, con diferentes personaxes e tramas. Entón, que teñen en común? A tecnoloxía. Unha tecnoloxía que evoluciona e aparece como causante dos dramas do episodio. Black Mirror é unha crítica, non demasiado dura, que nos fai reflexionar sobre o que podería pasar nun breve período de tempo co avance das tecnoloxías.

Chegados a este instante seguramente te preguntes o porqué do nome. Por que Black Mirror? O título da serie fai referencia ás pantallas de todos os aparatos electrónicos (móbiles, tablets, televisións, ordenadores...) que poden ser unha porta a cantidade de información e diversión pero que tamén actúan como artefactos que nos aislan do mundo.


Se aínda non vos pica a curiosidade vouvos relatar a trama dun dos pilotos de serie máis impactantes que vin ata agora. O primeiro capítulo, O imno nacional, sitúanos nun mundo distópico ou paralelo onde unha princesa moi querida, comparable a Lady Di, é secuestrada por un home que pide como rescate que o presidente da nación se grabe en directo practicando sexo cunha porquiña e se emita por tódalas canles posibles. 
O vídeo do secuestro e do rescate rula grazas ás redes sociais acadando nunhas poucas horas millóns de visitas. Todos son conscientes do que está pasando e todos queren saber se realmente o presidente será capaz de facer o que lle piden. Desde o minuto un pasas a ser unha desas persoas que se debaten entre ver a emisión ou non. 
Quizáis sexa este capítulo o máis perturbador da serie pero non o máis crítico. Todos merecen moito a pena. Animádevos a velos e reflexionar.

2 comentarios:

  1. Una entrada muy interesante y diferente Sonia! Me gusta mucho la idea de la serie de cómo usa las nuevas tecnologías!! Un saludo.

    ResponderEliminar
  2. Unha serie que plantexa a importancia actual e repercusión das tecnoloxías na nosa sociedade. É un gran tema de reflexión!

    ResponderEliminar