lunes, 28 de noviembre de 2016

O que os adultos poden aprender dos nenos.



Adora Svitak, unha nena de oito anos comeza o seu discurso deixando claro que a palabra "neno" non debería ter connotacións negativas, nin usarse de forma despectiva para referirse a un adulto irresponsable ou irracional. A maioría dos problemas no mundo son responsabilidade de adultos e nenas como Anna Frank ou Ruby Bridges fixeron cousas grandiosas. Obviamente, a idade non é relevante á hora de analizar o que aportas ao mundo.

Adora continua afirmando o necesario que é o pensamento infantil, que non está limitado pola racionalidade imposta aos adultos, que é creativo e sobre todo optimista. Os  nenos non abandonan os seus soños e as súas grandes ideas, non pensan no negativo das cousas e iso, queiramos ou non, aporta perspectivas que adultos nunca xamáis conseguiríamos ver. Se non podemos soñar unha cousa, como imos poder facela realidade? Como imos cambiar o mundo e a nosa forma de velo?

A seguinte cuestión que aborda é a aprendizaxe bidireccional: de profesor a alumno e viceversa. Os adultos adoitamos crer que todo en nos é a sabiduría lexítima que deben de adquirir os nenos, persoas que non saben e deben aprender. Desconfiamos das súas capacidades e da súa intelixencia. Pero, como imos educar a eses nenos que deben crecer se non temos en conta os seus gustos e os seus soños? se só os privamos de todo o que queren alegando que todo o que lle impoñemos é o único bo e correcto? A resposta é mal. Subestimando aos rapaces o único que conseguimos é reducir o seu rendemento.

O noso desafío é formar nenos que sexan adultos mellores ca nos, que melloren o mundo e as espectativas globais, que non deixen de pensar que o que nós tomamos por utopía é un soño realizable porque só así poderá progresar o futuro. A empatía é primordial, a caso non queremos todos ser escoitados?

Que poderían facer os meus alumnos?


  •  Creo que despois de cada explicación ou actividade en aula os nenos poderían contar como se sentiron ou representar as emocións que sentiron nun debuxo para que eu poida saber que é o que lles gusta e que non á vez que eles teñen voz e se sinten escoitados. 
  • En proxectos como obras teatrais ou de marionetas podemos deixar que, cun materiais previamente dados, os rapaces deixen voar a súa imaxinación e creen as personaxes que máis lles gusten.
  • Combinando novas tecnoloxías e a aprendizaxe dos nenos podemos deixar ue eles creen o seu propio contido con aplicacións como bookcreator ou Toontastic, onde nos poderñian grabar o que eles queiran ademais de presentarnos as suas emocions,

1 comentario:

  1. Comparto tu opinión y me ha parecido muy interesante tu reflexión Sonia!!

    ResponderEliminar