sábado, 5 de noviembre de 2016

Dous meses de Novas Tecnoloxías.

Estamos xa na metade do cuatrimestre dedicado a esta asignatura, polo tanto, apetéceme facer unha entrada comentando o que fixemos, o que cambiou na miña mentalidade, o meu uso da tecnoloxía...

Vou comezar falando da miña idea das novas tecnoloxías e do meu uso das mesmas. Cando empezamos esta asignatura eu limitábame a usar o móbil para diferentes redes sociais (Twitter, Instagram, Whats app...), é dicir, só consumía datos pero eu case non intervía no fluxo de información. No caso do ordenador a situación era un pelín diferente. Eu xa tiña un blog ademais deste: http://femmepaz.blogspot.com.es/ onde escribo sobre todo poesía. Pese a que o contido sexa completamente diferente eu xa publicaba información e usaba Blogger. Xa coñecía tamén Pinterest, unha web moi útil para gardar e compartir ideas desde a mesma web ou desde outras grazas ao botón do navegador, crear taboleiros públicos ou privados onde organizar as diferentes ideas que nos interesen... Pero a pesar de que xa o coñecía o meu uso era case existente. Agora uso Pinterest para buscar información sobre calquer cousa, sexa académica ou de intereses persoais e compláceme dicir que na maioría das veces atopo o que busco máis rápido que usando buscadores como Google ou Yahoo!. Aquí acaban os meus pobres recursos tecnolóxicos anteriores ás clases prácticas e comezo a saír da miña zona de confort.

Por onde comezo agora? Fareino por Symbaloo, unha páxina que nos permite crear diferentes webmix onde podemos agrupar diferentes páxinas pola temática que nos queiramos. Moi útil cando temos que gardar diferentes fontes de información para un traballo, para o noso PLE... etc. Creo que non fai falta dicir que, por desgracia, non tiña nin idea da existencia desta web.

O seguinte gran descubrimento para min é Feedly, un organizador de blogs que nos axuda a buscar calquer blog sen ter a necesidade de ir ata a propia web. Creo que isto é o que máis estou utilizando ata agora xunto con Pinterest. Feedly serviume para descubrir blogs relacionados coa educación, coa incorporación da tecnoloxía nas aulas cos máis peques, blogs de moda moi relevantes, blogs de noticias... todo o que poida interesarme xusto a un click. Non só me parece útil para clase senón para a miña propia vida e para ampliar a miña cultura. 

Pasando a aplicacións ou webs útiles para o meu futuro nas aulas apetéceme citar Chatterkid e Tellegami para IPad, podedes consultar a entrada que fixen falando delas, e Voki ou Blabberize para ordenador. Todas eles serven para crear imaxes con voz, algo interesante e dinámico nas clases con nenos pequenos que se deixarán cautivar por animais que falen, debuxos propios ou personaxes que eles mesmos poden crear. 

Agora paso a comentar a que, para min, é a aplicación estrela para o IPad dun docente: Toontastic! Fixen xa unha entrada falando do seu uso e da miña práctica co mesmo asi que non me vou repetir dicindo o mesmo, vou destacar que non deberiamos limitar o seu uso con rapaces de primaria ou de infantil, a caso non é necesario impulsar a creatividade ao longo da nosa vida? Por que imos privar a alumnos da ESO ou de Bacharelato a usar aplicacións que saian fora da súa zona de confort con PowerPoint ou similares? Toontastic é moi dinámica e útil para calquer traballo, xa sexa contar unha historia, facer unha curtometraxe, un spot publicitario... Deixemos que a imaxinación dos nosos alumnos voe pero, sobre todo, a nosa. 

Ata aquí a miña reflexión. Volveremos a lernos!

1 comentario: