Mostrando entradas con la etiqueta PLE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PLE. Mostrar todas las entradas

lunes, 19 de diciembre de 2016

Magisto y Thinglink

Seguimos descubrindo webs e aplicacións útiles, esta vez Magisto e Thinglink. Comezamos por Magisto, un editor de vídeo automático que permite crear videos sen coñecementos de edición dixital, é gratuíto e funciona en ordenador e dispositivos móbiles tanto iOs como Android. Como funciona? Só tes que crear unha conta, subir diferentes fotos ou vídeos, escoller un estilo e unha música e obterás un vídeo editado e de boa calidade en só uns segundos. Útil sobre todo despois dunha excursión ou dun evento, para recolectar todas as fotos e minivideos nun só.


















Continuamos con Thinglink, unha plataforma gratuíta que permite darlles vida a imaxes engadíndolles enlaces, vídeos, música...moi útil como recurso educativo. En Thinglink poderás subir unha foto e clicar nela nos puntos que desexes para engadirlle o contido que ti teñas preparado. Na imaxe aparecerán en forma de etiqueta e poderás compartila en calquer rede social ou web que teñas. Animádevos a probala coma min!






















Eu xa probei Thinglink, aquí vos deixo a imaxe interactiva:



lunes, 7 de noviembre de 2016

Descubrindo Piktochart

Nesta práctica de Novas Tecnoloxías abordamos o tema das infografías e que mellor maneira de poñelo en práctica que facer unha infografía. Así pois, tomando como inspiración o anterior traballo de Boas Prácticas realizamos unha desde a ferramenta Piktochart, unha web que nos permite crear infografías facilmente, dotándonos de plantillas prediseñadas, iconos, gráficos, fontes...


 Pero, que é unha infografía? Unha combinación de imaxes sintéticas, explicativas e doadas de entender xunto con pequenos textos que posúen o fin de comunicar información de xeito visual para facilitar a súa transmisión.


Non podo rematar esta entrada sen afirmar que, nestos momentos, Piktochart é unha das miñas páxinas web favoritas. A diversidade de opcións que ofrece é inmensa e permite crear, moi fácil, calquer proxecto que teñas en mente.

Aquí vos deixo a miña práctica.

Ademáis, adxúntovos tamén un pin de Pinterest que vos aportará información sobre como facer unha infografía.


domingo, 6 de noviembre de 2016

Boas prácticas con TIC en Educación Infantil.

Chegamos a un punto clave da asignatura de Novas Tecnoloxías: facer boas prácticas coas TIC nas aulas de Educación Infantil. É obvio que, como docentes, a tecnoloxía axudaranos a atopar cantidade de recursos relacionados coa educación, con novos métodos de ensino e de evaluación, con novos contidos... Considero que este proxecto non está acabado, é un continuo onde o profesorado e os alumnos deben participar de forma constante pois sempre hai cousas novas que aprender ou ensinar.

Agora, en que consistiu a práctica? Cunha pequena guía da profesora podiamos acceder a diferentes páxinas e proxectos relacionados coas boas prácticas con TIC como o Proxecto Abalar ou unha web de recursos tecnolóxicos na educación  que nos deron ideas sobre diferentes usos.
Un pouco infomados xa toca fedellar un pouco nos diferentes buscadores sobre as TIC nas aulas, boas prácticas cos alumnos, ideas en Pinterest, utilizar o botón para pinear desde calquer páxina... para gardalo todo nun taboleiro conxunto (isto será precusor dos proxectos que teñamos como docentes, onde colaboraremos con profes de calquer lugar, tanto no noso colexio como fora del) onde todas as integrantes fumos metendo pins que ampliasen os nosos orizontes neste tema.


































Podes seguir o noso taboleiro aquí:


Despois de recolectar información e gardar diferentes pines gustaríame citar aquí conceptos ou ideas que considero moi importantes e interesantes. Un deles sería o proxecto de Flipped Classroom, páxinas de guías para as familias sobre as  boas prácticas con TIC (a incorporación das familias á ensinanza e a súa relación coa escola é imprescindible), artigos sobre a educación en países como Finlandia, onde o éxito dos alumnos é máximo e o abandono escolar é mínimo (fixádevos en España o lado de que palabras vai o éxito escolar..), webmixes en symbaloo que agrupan recursos para ensinar coas TIC a ler, a escribir, matemáticas, ciencias... como o uso da tecnoloxía nas aulas mellora a comunicación cos alumnos e axuda a personalizar a enseñanza... En resumo, aquel que diga que as novas tecnoloxías non deberían estar na educación están confundidos.

Seguirei compartindo pins no taboleiro, lendo e comentando nos das miñas compañeiras... as boas prácticas non deberían rematar nunca, non?


Déixovos algúns pins interesantes, botádelles un ollo!








sábado, 5 de noviembre de 2016

Dous meses de Novas Tecnoloxías.

Estamos xa na metade do cuatrimestre dedicado a esta asignatura, polo tanto, apetéceme facer unha entrada comentando o que fixemos, o que cambiou na miña mentalidade, o meu uso da tecnoloxía...

Vou comezar falando da miña idea das novas tecnoloxías e do meu uso das mesmas. Cando empezamos esta asignatura eu limitábame a usar o móbil para diferentes redes sociais (Twitter, Instagram, Whats app...), é dicir, só consumía datos pero eu case non intervía no fluxo de información. No caso do ordenador a situación era un pelín diferente. Eu xa tiña un blog ademais deste: http://femmepaz.blogspot.com.es/ onde escribo sobre todo poesía. Pese a que o contido sexa completamente diferente eu xa publicaba información e usaba Blogger. Xa coñecía tamén Pinterest, unha web moi útil para gardar e compartir ideas desde a mesma web ou desde outras grazas ao botón do navegador, crear taboleiros públicos ou privados onde organizar as diferentes ideas que nos interesen... Pero a pesar de que xa o coñecía o meu uso era case existente. Agora uso Pinterest para buscar información sobre calquer cousa, sexa académica ou de intereses persoais e compláceme dicir que na maioría das veces atopo o que busco máis rápido que usando buscadores como Google ou Yahoo!. Aquí acaban os meus pobres recursos tecnolóxicos anteriores ás clases prácticas e comezo a saír da miña zona de confort.

Por onde comezo agora? Fareino por Symbaloo, unha páxina que nos permite crear diferentes webmix onde podemos agrupar diferentes páxinas pola temática que nos queiramos. Moi útil cando temos que gardar diferentes fontes de información para un traballo, para o noso PLE... etc. Creo que non fai falta dicir que, por desgracia, non tiña nin idea da existencia desta web.

O seguinte gran descubrimento para min é Feedly, un organizador de blogs que nos axuda a buscar calquer blog sen ter a necesidade de ir ata a propia web. Creo que isto é o que máis estou utilizando ata agora xunto con Pinterest. Feedly serviume para descubrir blogs relacionados coa educación, coa incorporación da tecnoloxía nas aulas cos máis peques, blogs de moda moi relevantes, blogs de noticias... todo o que poida interesarme xusto a un click. Non só me parece útil para clase senón para a miña propia vida e para ampliar a miña cultura. 

Pasando a aplicacións ou webs útiles para o meu futuro nas aulas apetéceme citar Chatterkid e Tellegami para IPad, podedes consultar a entrada que fixen falando delas, e Voki ou Blabberize para ordenador. Todas eles serven para crear imaxes con voz, algo interesante e dinámico nas clases con nenos pequenos que se deixarán cautivar por animais que falen, debuxos propios ou personaxes que eles mesmos poden crear. 

Agora paso a comentar a que, para min, é a aplicación estrela para o IPad dun docente: Toontastic! Fixen xa unha entrada falando do seu uso e da miña práctica co mesmo asi que non me vou repetir dicindo o mesmo, vou destacar que non deberiamos limitar o seu uso con rapaces de primaria ou de infantil, a caso non é necesario impulsar a creatividade ao longo da nosa vida? Por que imos privar a alumnos da ESO ou de Bacharelato a usar aplicacións que saian fora da súa zona de confort con PowerPoint ou similares? Toontastic é moi dinámica e útil para calquer traballo, xa sexa contar unha historia, facer unha curtometraxe, un spot publicitario... Deixemos que a imaxinación dos nosos alumnos voe pero, sobre todo, a nosa. 

Ata aquí a miña reflexión. Volveremos a lernos!

miércoles, 2 de noviembre de 2016

¿Feedly no noso PLE?

Hoxe quero falar dunha web que descubrimos en Novas Tecnoloxías e que me parece moi interesante tanto no ámbito da educación como na nosa vida diaria. Esta web é Feedly, unha páxina que nos permite seleccionar, acceder e organizar como nós queiramos diferentes blogs.
Permítenos clasificar os blogs por categorías como temas ou estilos, gardando os que nos parezan máis interesantes nunha conta propia, tamén podemos ler as publicacións deses blogs sen ter que acceder a eles, o que supón un aforro de tempo considerable.



Desde a miña propia experiencia, grazas a Feedly atopei numerosos blogs relacionados co uso das TIC na educación, algo que antes non vira. Polo tanto, pasa a formar parte do meu PLE.
Vos que pensades? Xa o coñeciades?


jueves, 6 de octubre de 2016

Quen son?

Tras unha primeira entrada onde tomades contacto coa miña PLE (o meu entorno persoal de aprendizaxe que inclúe todas as ferramentas e servizos que usarei para lograr as miñas metas dentro da aprendizaxe) grazas a todos os enlaces a sitios web que permite almacenar Symbaloo, aquí estou para presentarme.
Chámome Sonia Alonso e son unha rapaza de primeiro do grao de Educación Infantil. Este blog, Nenos Tecnolóxicos, é un dos primeiros pasiños que darei como docente para aplicar as TIC á hora de educar. Aquí compartirei reflexións sobre temario de aula, sobre aplicacións que descubra e considere interesantes ou sobre calquer tema relacionado coa aplicación das TIC nas aulas.
Vémonos moi pronto e esperemos que cada vez que o fagamos o meu consumo das TIC evolucione máis cara á docencia e non cara un consumo vacío!

lunes, 3 de octubre de 2016

Ferramentas PLE en Symbaloo


Aquí vos deixo o meu webmix de aplicacións máis útiles no meu entorno virtual e outros que fun creando conforme avanzaban as clases en Symbaloo.