miércoles, 30 de noviembre de 2016

Escoitamos aos nosos nenos para saber que facer e que non.

Deixovos a miña infografía do traballo que lles gusta e que non lles gusta aos nenos
que nos servirá como base para o proxecto final de Novas tecnoloxías.

A idea é usar aquilo que lles gusta como metodoloxía para conseguir os obxectivos de superar todo aquilo que non lles gusta representando uns valors como tolerancia, superación, empatía...

martes, 29 de noviembre de 2016

Os intereses dos nenos son base do noso proxecto.

Tras preguntarlle aos nenos que tiñamos preto polos seus gustos e intereses obtivemos os seguintes resultados: debuxar, música, xogar, xoguetes, cantar, natureza, animais. Por outra banda, á hora de preguntar por aquilo que non lles gustaba as respostas foron: monstruos, escuridade, pelexas, berros tristeza... A misión era facer un proxecto didáctico a partir desta información e conseguir integrar as novas tecnoloxías nel así que o resultado foi este:


















Pero antes de chegar a este precioso mural as nosas ideas agolpábanse sen rumbo ata dar coa idea do proxecto que imos levar a cabo: unha coleccion de narracións dixitais cos diferentes recursos dados (Toontastic, Voki, Chaterkid...) onde os nenos conten a súa propia experiencia superando os medos e cousas que non lles gustan e que realmente representan uns valores. Chegamos así ao tema das emocións e á aprendizaxe emocional tan polémica e necesaria na aula. Os intereses dos nenos serán usados como metodoloxía: a música sirve para reforzar o contido que queremos transmitir e facelo máis dinámico, ademáis, estará presente nos vídeos que eles creen. Utilizaremos debuxos, imaxes e ilustracións para evaluar o seu avance e para explicar as emocións e valores. O xogo estará asociado á tecnoloxía e ás diferentes aplicacións ás que poderan acceder, acadando así un ensino didáctico e orientado aos seus gustos.


10 Curtometraxes que podes usar na aula para ensinar valores

Coma sempre, fuchicando en Pinterest cheguei a esta recolección de curtometraxes moi útiles para ensinar valores, emocións e sentimentos aos nenos. Non podemos esquecer a aprendizaxe emocional tan importante nesta etapa educativa (sempre é importante) afrontar as nosas emocións e os nosos medos axúdanos a medrar como persoas.
Nesta selección atopamos curtos que nos amosan conflictos de intolerancia como For the birds, Pixar, 2000.

Outro como Bridge, un curto cuxos personaxes só atenden as súas necesidades e esquecen a importancia da empatía e de respectar os dereitos e as necesidades dos demais. 



E sen dúbida o meu favorito: ¿Te atreves a soñar? Este vídeo vino na clase de Educación Plástica cando tiña 14 anos. Foi unha das clases que máis me marcaron na vida e que máis me fixeron reflexionar sobre o que quería ser e facer e como debía desprenderme dos meus medos e saír da miña zona de confort para vivir experiencias marabillosas.


Curtometraxe: "Just Breath"

Hoxe explorando un pouco nos taboleiros de Pinterest atopei unhas etiquetas sobre curtometraxes útiles para profesores de educación infantil ata chegar a este vídeo:

 A páxina á que accedín mostra un curto fabuloso sobre como afrontar as emocións que nos embargan de súpeto e ante as cales non sabemos reaccionar. O truco é respirar, pechar os ollos e volver a calma, sexas peque ou non tan peque.
Pois iso, respira.


lunes, 28 de noviembre de 2016

O que os adultos poden aprender dos nenos.



Adora Svitak, unha nena de oito anos comeza o seu discurso deixando claro que a palabra "neno" non debería ter connotacións negativas, nin usarse de forma despectiva para referirse a un adulto irresponsable ou irracional. A maioría dos problemas no mundo son responsabilidade de adultos e nenas como Anna Frank ou Ruby Bridges fixeron cousas grandiosas. Obviamente, a idade non é relevante á hora de analizar o que aportas ao mundo.

Adora continua afirmando o necesario que é o pensamento infantil, que non está limitado pola racionalidade imposta aos adultos, que é creativo e sobre todo optimista. Os  nenos non abandonan os seus soños e as súas grandes ideas, non pensan no negativo das cousas e iso, queiramos ou non, aporta perspectivas que adultos nunca xamáis conseguiríamos ver. Se non podemos soñar unha cousa, como imos poder facela realidade? Como imos cambiar o mundo e a nosa forma de velo?

A seguinte cuestión que aborda é a aprendizaxe bidireccional: de profesor a alumno e viceversa. Os adultos adoitamos crer que todo en nos é a sabiduría lexítima que deben de adquirir os nenos, persoas que non saben e deben aprender. Desconfiamos das súas capacidades e da súa intelixencia. Pero, como imos educar a eses nenos que deben crecer se non temos en conta os seus gustos e os seus soños? se só os privamos de todo o que queren alegando que todo o que lle impoñemos é o único bo e correcto? A resposta é mal. Subestimando aos rapaces o único que conseguimos é reducir o seu rendemento.

O noso desafío é formar nenos que sexan adultos mellores ca nos, que melloren o mundo e as espectativas globais, que non deixen de pensar que o que nós tomamos por utopía é un soño realizable porque só así poderá progresar o futuro. A empatía é primordial, a caso non queremos todos ser escoitados?

Que poderían facer os meus alumnos?


  •  Creo que despois de cada explicación ou actividade en aula os nenos poderían contar como se sentiron ou representar as emocións que sentiron nun debuxo para que eu poida saber que é o que lles gusta e que non á vez que eles teñen voz e se sinten escoitados. 
  • En proxectos como obras teatrais ou de marionetas podemos deixar que, cun materiais previamente dados, os rapaces deixen voar a súa imaxinación e creen as personaxes que máis lles gusten.
  • Combinando novas tecnoloxías e a aprendizaxe dos nenos podemos deixar ue eles creen o seu propio contido con aplicacións como bookcreator ou Toontastic, onde nos poderñian grabar o que eles queiran ademais de presentarnos as suas emocions,

domingo, 20 de noviembre de 2016

Realidade aumentada: Aurasma e Book Creator.

Continuamos coas prácticas en Novas Tecnoloxías. Esta vez pasamos á realidade aumentada nas aulas e comezamos coa app Aurasma disponible para dipositivos iOS(iPod touch, iPhone ou iPad) ou para dispositivos con sistema operativo android (móbil, tableta ou tablet pc).
Tras crear unha conta na aplicación podemos comezar a crear capas de realidade aumentada que poderemos inserir en videos, imaxes, libros... onde queiramos. Debemos gardalo nun canle nomeado por tópicos para que logo poidan velo outros usuarios. Vouvos deixar aquí un tutorial para que o descubrades:

A seguinte práctica neste día foi Book Creator, unha aplicación que nos permite crear os nosos libros, lelos, envialos por correo electrónico, gardalos en Dropbox ou vendelos na iBookStore de Apple. Con esta aplicación podemos crear historias en formato libro ou incluso comics usando unhas guías de páxina. Nesta ocasión nos creamos un comic que compartirei convosco:


Como podedes ver, nas viñetas podemos engadir imaxes (tanto desde a galería como desde a cámara), usar os adhesivos que aparecen e, incluso, engadir sonido. 
Non vos parece interesante deixar aos peques crear as súas propias historias e compartilas? Ou mesmo as nosas, todo está ao noso gusto

Competencias e aprendizaxe competencial

Como xa dixen na anterior entrada, na última clase de Novas tecnoloxías falamos da aprendizaxe competencial e das competencias na educación. Para comezar, que son as competencias?
Como definición de competencias atopamos un montón, a do Informe DeSeCo é esta:

“la capacidad de responder a demandas complejas y llevar a cabo tareas diversas de forma adecuada. Supone una combinación de habilidades prácticas, conocimientos, motivación, valores éticos, actitudes, emociones y otros componentes sociales y de comportamiento que se movilizan conjuntamente para lograr una acción eficaz”.

O Parlamento Europeo  di que:

“… combinación de conocimientos, capacidades y actitudes adecuadas al contexto. Las competencias claves son aquellas que todas las personas precisan para su realización y desarrollo personales, así como para la ciudadanía activa, la  inclusión social y el empleo”.

Outra sería a de Moya y Luengo (2011)

“puede ser definida como un tipo de aprendizaje caracterizado por la forma en que  cualquier persona logra combinar sus múltiples recursos personales (saberes, actitudes, valores, emociones, etc.) para lograr una respuesta satisfactoria a una tarea planteada en un contexto definido”

E por última, unha bastante diferente, a que nos aporta a nova Lei de Educación: a LOMCE.

En el DECRETO 105/2014 LOMCE Galicia

“Las capacidades para aplicar de forma integrada os contidos propios  de cada ensinanza e etapa educativa, co fin de lograr a realización axeitada de actividades e a resolución eficaz de problemas complexos”
 A LOMCE limita as competencias como o xeito de usar os contidos das distintas etapas educativas (explicitas no curriculo deduzco) para resolver problemas (exames, vamos)

Agora ben, as competencias aunan o saber, o saber facer e o saber ser. E, pese ao que intentamos evaluar, a competencia non se ve, o único que vemos son uns indicadores de competencia.
Algún exemplos destos últimos serían:
Uso das unidades de peso e da multiplicación facendo a compra.(Somos competentes)
Catalogando obras dos museos da cidade. (Somos competentes)
Creamos e programamos prototipos que resolvan algún problema real.
...etc.

Pasando ao aprendizaxe competencial atopamos 4 características esenciais á hora de ensinar competencias:

  • Significatividad
  • Situaciones Complejas
  • Procedimental
  • Integrada 

Debemos diferenciar entre aprendizaxe significativa e aprendizaxe memorística, a significativo pódese transmitir e utilizar, a memorística non.

A aprendizaxe significatíva farános memorísticos.

Adxúntovos aquí unha presentacion moi útil de Paz González sobre as competencias de onde saquei a información deste post e co que demos a clase.